Gundivós

11 11 2008

Gústame moito a cerámica, especialmente a tradicional. Da que se fai no país, teño especial devoción pola olería de Gundivós, se cadra polo seu aspecto arcaico. Moitas das pezas impermeabilizábanse con pez, poñéndoas ao lume para derretelo e fixalo. É nese proceso cando se afumaban e quedaban coa cor negra que lles é característica. O torno que se usa é manual e baixo, moi antigo, e tamén é antigo o sistema de armar a peza, con churros de barro.

A parroquia de Gundivós está no Concello de Sober, ao que tamén pertence a de Amandi. Nas vizosas terras de Lemos, xa beireando coa Ribeira Sacra, de bo viño e gloriosas paisaxes, Ventura, Obdulia ou Agapito facían xarros, meleiros, olas, ámboas, escurrecubas, barreñas… Agora son Elías ou Tomás os que seguen con ese traballo.

Hai cousa de tres anos botei aló uns días e puiden facen unhas fotos. As que che ensino son as mans de Ventura, Obdulia e Tomás. A colección de pezas é a de Obdulia. O meleiro, do Tomás.

Recoméndoche ir por aló, ver os cacharreiros e a súa terra. O tempo do outono é un bo momento, cores non han faltar.

Ventura

 

Obdulia

O xarro da Obdulia

Tomás


dsc_0087

Meleiro


dsc_0085

Sobre a olería de Buño, Niñodaguia e Gundivós atopei unha reportaxe de Galicia para el Mundo, obviamente en castellano, para que se nos entienda.


Accións

Información

Unha resposta

11 11 2008
Lorena

Canta arte!

Gundivós, todo un mundo por coñecer.

Grazas a Ventura, Obdulia e Tomás.

A ti, Alexandra, sempre agradecida por tan boas imaxes e sensacións.

Deixa un comentario