Moito me gustan as mans, sobre todo as mans marcadas polo tempo e os traballos, pero tamén as mans noviñas que teñen tantas cousas por facer. Creo que é boa cousa empezar por aí, polas mans que me permiten escribir isto, facer as miñas fotos e acariñar a quen quero.
Hoxe apeteceume escoitar a Jeff Buckley coa súa versión do Halleluja de Leonard Cohen. Aquí o tes.