O Mini

Poucas veces me adico a facer fotos da xente. Non me sinto moi capaz, e como case sempre preciso de bastante tempo para disparar, a xente perde a pacencia, xaora. As mellores fotos saen cando tes a posibilidade de mirar sen que te miren, de facer a foto sen dar pé a que o fotografado trate de posar. Así, en ocasións saen cousas que merecen a pena. As máis das veces o retratado é alguén que non coñezo, mais hoxe quixen pór a última foto que lle fixen a unha das caras que máis me gusta retratar, a unha barba doce e unha voz espléndida. Foi este setembro, no cabodano do Manuel María.

E remexendo no caixón dei con outra que lle fixen no outono de hai catro anos.

4 thoughts on “O Mini

  1. Esta foto é marabillosa. Alucinante, parece unha obra do barroco. Encántame, aínda estou tremendo coa impresión.

  2. Moitas grazas, Suso, emocionáchesme co teu comentario. Ás veces hai que estar no lugar exacto no momento exacto, mil veces dito pero mil veces verdadeiro.

  3. pois a foto de hai catro anos e un impresionante retrato!
    semella unha pintura, con eses contrastes… gustoume moitísimo.

    • Unha feliz casualidade. O claroscuro e a entrada da luz (e tamén a cualidade do retratado) lémbrame ao meu queridísimo Caravaggio, e houbo quen dixo que parecía un Ribera. En fin, sonó la flauta por casualidad…

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s