Na era dos bocatas, case parece doutro tempo sacar de navalla e comer un anaco de queixo ou chourizo, ou se cadra un pique de carne, riba dun bo anaco de pan. Pan con compango. Meu avó ou meu pai dirían: vou comer un pouco pan con algo de galufa. Na feira de Santos, en Monterroso, un vello e unha vella que aló foron vender os seus produtos deixaron que lles interrompera o xantar pra lles facer unha foto.
Hoxe ceei un pan excelente cun queixo de antoloxía, fortuna de andar por terras luguesas.