Unha tarde chuviosa e melancólica pide cine e memoria. Remexendo no caixón das fotos dei cunhas que lle fixen en Granada a un graffiti. Chámase Qué hacer con los juegos que siempre se pierden e o seu autor é El niño de las pinturas, magnífico. O cine veu da man de Paris, je t’aime, que me trouxo á memoria algúns dos mellores recordos que teño.
As tardes de novembro sempre me traen necesidade de ser arrolada. Ás veces é a música quen consegue facer que me sinta a gusto. Hoxe escollín dúas cousas: a banda sonora dunha das historias da película que veño de ver, quizaves unha das que máis me gustou, e unha canción de Brian Eno que me acompaña desde hai tempo.
Aquí as tes:
Pale3 True
Brian Eno By this river
Dende logo, tres boas imaxes para abrigarse nesta noite chuviosa de novembro!
Fico coa pinga azul que esvara do ollo intenso, tamén co (des)acougo da man.
Coñezo moita xente para a que unha tarde de sábado chuviosa é un castigo que a condea á reclusión doméstica. Ben se ve que está vostede nas antípodas desa percepción. Os meus parabéns.
O domingo volveu traer chuvia, pero creo que inda somos os que gozamos de días coma estes, onde a casa non é condena senón doce acubillo. Moitas grazas polos vosos comentarios, forman parte dos arrolos desta fermosa fin de semana
Benvida ó mundo virtual onde todos nos espimor un pouquiño.
E non podes entrar con mellor pé: Leonard Cohen, a fermosura do outono, …
Saúdos desde a beiramar cantábrica.
Suso
Beizón polas fotos… Non sabíamos que houbese mans e cores alumeando así novembro.
Fermosa canción a de Brian Eno, tamén do gusto do Nani Moretti. Quizais non lembres que sae na “Habitación do fillo”. Eu fun alí onde a descubrín
Pois non o lembraba, e ben que me gustara esa película. Eu descubrina polo disco “Malas lenguas” dos irmáns Auserón, que fan dela unha versión que se chama “Almas del río”, moi bonita por certo.