Recordos

Hai días nos que a memoria me abafa. Días que ficaron gravados con ferro quente. Días nos que o corazón se desfai en fíos de recordos difíciles de tecer.

O complexo equilibrio entre o esquecemento terapéutico e a necesaria memoria. A memoria que nos ancora ao pasado e nos sitúa no hoxe, no quen somos e no por quen somos. A necesidade de recordar e a dor de recordar.

Hai días nos que cada hora ou cada xesto traen consigo outras horas e outros xestos que xa foron. Son días que uns ven e outros xa non poden ver.

Hoxe esconxuro este día con novos alentos, e con palabras para ti, para vós. E cunha nova mirada, que recordarei mañá e será memoria. Necesaria memoria.

Hoxe ábrolle a porta ao día, e con el entran os recordos.

Porta aberta

Cos recordos veu a voz de Loreena McKennitt, despois de tantos anos sen escoitala:

She moves through the fair

Lullaby

4 thoughts on “Recordos

  1. Uf! nin que pedira a berros estas palabras. Véñenme no intre preciso.

    Hai un tempo que a necesaria memoria daqueles que foron e xa non son me acompaña en cada paso que dou.

    Grazas por permitir que eu hoxe tamén poida mirar a través do pecho desa porta.

  2. Que pracer ler unhas palabras que din tanto e dun xeito tan fermoso. Despois, só cómpre calar para seguir escoitando o seu resoar.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s