A árbore cantada

Este venres tiven a fortuna de acudir a un novo concerto de meu amigo Eliseu. Eliseu é barítono, e acompañábao ao piano Cándido Cabaleiro. Obsequiáronnos co ciclo de lieder chamado Der Winterreise (A viaxe de inverno), composto por Franz Schubert sobre poemas de Wilhelm Müller. Desespero, anguria, morte, neve, cansanzo, soedade… Eliseu, como se pode gozar tanto escoitando as cousas tan terribles que cantabas?

Ghalpon gravou e Falabarato editou o concerto, do que podes escoitar un fragmento na rede. É o lied Der Lindenbaum, onde se lle canta a un tileiro, árbore da memoria do protagonista.

Nota: lembra ter marcadas na pantalliña as letras HQ en laranxa, pois así verás (e escoitarás) o vídeo en alta calidade.

Aproveitando o frío e o tema de hoxe tamén che ensino unha foto das árbores espidas, reflectidas na fría auga dun dos pichocos da miña casa, na nevarada de marzo do 2006.

Reflexos de inverno

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s