Neve

Dixeron que ía nevar. Cando din isto e eu estou lonxe da miña Itaca sinto moita morriña. Moito me gusta a neve, e sobre todo ese olor especial, frío e seco, que podes notar antes de que empece a nevar. Ole a neve, e de repente, ás máis das veces pola tardiña, empezan a caer as folerpas; ou se cadra espertas pola mañá e hai unha luz especial que entra pola ventá e xa sabes que todo está cuberto de neve.

Desta volta non chegou a nevarada, pero si o fixo hai uns meses, rematando o anterior inverno. Espertara cedo. Apartando a cortina confirmei o que a luz me adiantaba, puxen máis roupa por riba do pixama e saín ao frío coa cámara de vídeo, pois sabía que tiña que andar lixeira para capturar ese momento, efímero coma tantos outros bos.

Hoxe déixoche aquela gravación. Falabarato montouna e escolleulle a música, beizón a el unha vez máis. Eu só puxen a mirada e a molladura que collín.

Nota: se tes marcadas na pantalliña as letras HQ en laranxa podes ver o vídeo en mellor calidade

2 thoughts on “Neve

  1. A molladura valeu moito a pena.

    Lugar fermoso e imaxes inesquecibles, vivas!

    Fico co son da auga, coas chorimas enfolerpadas e os pés soterrados, dominados por ese manto branco. Eu tamén dominada!

    Grazas polo esforzo!

  2. É curioso, pero eu tiña ese mesmo sentimento olfativo coa neve en Alemaña, onde pasei a miña infancia. O bo era que, onde eu vivía, nevaba de novembro a febreiro e desfrutaba moitísimo. Dende que marchei dalí o frío sen neve quédame como inxustificado…
    Un biquiño

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s