E nevou…

O outro día dixen que a promesa de neve non se cumprira. Daquela non, mais uns poucos días despois veu a grande nevarada. Eu xa estaba na casa, e a neve adubiou o noso espertar e rodeounos durante varios días. Como non andaba eu moi ben de saúde, non me aventurei para recoller imaxes. Fixen só dúas ou tres fotos e esta é unha delas: a neve no tellado da casa de meus pais, tellado de lousa de pizarra, lousado á vella maneira con lousa feita a martelo. Gústame moito o aspecto que ten cando a neve inda non é moi mesta e se adiviñan as escamas de peixe maxestuoso.

Para acompañar: Mark Knopfler, Wild Theme (da BSO da película Local Hero)

Neve no tellado

Eses días amorriñei moito cabo do lume, lin algo e vin moito cine. E tiven uns mestres de excepción na arte de durmir e amorriñarse: os tres gatos que comparten Itaca con nós. Aproveito para presentarchos con cadansúa fotografía. O primeiro, e o máis novo, chámase Amadís e é tan branquiño que se cadra non o ves a primeira vez que pouses os ollos na foto. Logo está o Ulises, que estudou en Santiago pero exerce en Romeán a vida de gato pereno. O máis vello é o Porthos, que xa fixo nove anos e naceu coma un ratiño branco mentres eu acariñaba a súa nai. Non teñen parentesco sanguíneo, mais si un parentesco de espírito, unha lei especial entre eles da que che darei exemplos noutra ocasión.

Amadis

Ulises

Porthos

Durante moito tempo foron catro os nosos gatos. Tiñamos tamén un gato marelo que morreu xa o ano pasado. Chamábase Míngole por unha cantiga-adiviña que di así:

Píngole, píngole estaba pingando,

míngole, míngole estaba miando.

Se píngole, píngole non pingara,

míngole, míngole non miara.

Este era o Míngole.

Mingolr

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s