Luz

Na fin de semana do temporal, na miña casa estivemos sen electricidade corenta e dúas horas. Foron horas de conversa e licor café, de ritmos marcados polo día e a noite, pola luz e a sombra, de velas alumando lecturas e partidas de parchís, de corpos quentiños a carón do lume.

A luz marchou o venres e o venres marchou a Pepa. A Pepa de aromas evocadores, de purés de verduras, de filloas de sangue, de caña de herbas, de rosiñas olorosas polas Casas Baratas.

A Pepa alumou os meus primeiros anos de vida con luz de candea que ha quentar o meu corazón ata o día que pare.

dsc_0098

dsc_0099-1

vela

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s