Soños

dsc_0169-1

A producción social de soños

Cos pés na terra camiña a miña sombra.
Xa sabes,
a realidade supera a fricción.
Din que en Galicia podemos mirar a través da néboa
e que sabemos chamar os arcos da vella.
Nós fixémolo.
Falo contigo, e contigo
e saúdo a quen pase por este verso.
Na fonoteca do futuro gardo os sons dos soños:
as palabras, as exclamacións e o vento.
Era imposible imaxinar o que está sucedendo,
dixemos.
Era imposible imaxinar esto,
diremos.
Non sei, din que
tal vez se cumpra unha parte proporcional dos nosos soños
se os soñamos xuntos.
Necesitamos instruccións para soñar ao mesmo tempo,
unha convocatoria para soñar xuntos á mesma hora,
un método para a producción social de soños.
Se fabricamos coitelos en cadea
por que non Liberdade?
É o seguinte paso na evolución da especie.
E conseguirémolo
mirándonos aos ollos.

Séchu Sende

One thought on “Soños

  1. Coa túa xanela e as túas miraxes contribúes á produción de milleiros e milleiros de soños compartidos. De novo, os meus parabéns!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s