q trst, q pqna e a kncla q ns pcha

Hai tempo, nun foro que non vén ao caso, unha persoa concluíu o seu discurso cunha frase escrita coas abreviaturas propias dos sms. Gustoume moito e gardeina para titular un post. Non sei ben por que razón, ou se cadra si, o post naceu hoxe.

Que triste, que pequena é a cancela que nos pecha.

As reixas do ceo

Negra sombra.

7 thoughts on “q trst, q pqna e a kncla q ns pcha

  1. Que bo acompañamento o da Negra Sombra para esa cancela que, no entanto, deixa unha porta aberta cara ao ceo.

    A razón disto a min venme á cabeza ese último verso de Álvarez Blázquez do seu poema “Cometa”: “… Era ter o corazón atado cun longo fío á terra”

    • Moi ben traído (e especialmente querido para min) ese verso, ao que eu engadiría o longo fío que ata o meu corazón á miña memoria.

  2. Moi acertadas tanto a frase como a imaxe para tal día. A tristeza nas palabras de Rosalía, o lamento na voz de Luz e, alá ao fondo, as bágoas que se desprenden desas notas…
    Mais, a través desa “cancela”, aínda podemos albiscar ou adiviñar a esperanza: mirando para diante e para arriba, como ti soubeches mirar.
    Unha aperta.

    • Claro que si, Harmonía, camiñaremos adiante e sen deixar que nos rouben as miradas. Tempo novo, ansias novas. Apertas

  3. Xandra,
    Deixando a un lado as túas palabras, ben acertadas, o que sempre me fascina do teu blog é o ollo que tes para escoller as imaxes máis axeitadas.

    Xa sei que son tempos malos, pero pola túa cancela tamén se ve un ceo azul (e branco, agora que me decato). Mal sexa que non chegue o día no que poidamos gozar del.

    Unha aperta
    Suso

  4. Logo sendo maininha, hache de ser un cancelo. Cancelo, que non logo cancela, pensado por mal ferreiro, aceiro forxado; resultou alpaca de cuitelo mao. Xa o dicían algús dos velhos vai 4 anos.

    Pero os velho tamen cantaban de tasca:
    Se chove,
    deixa choveere
    Se orbalha
    deixa orbalharee
    Que por moito que chovaa
    de ti non me hei de arredaree

    E non sería a primeira ves que nos chove e seguimos adiante.

    Apertas.

  5. Moita mágoa -iso si, non exenta de elegancia- é o que percibo no teu post e nos textos dos teus/túas comentaristas, Alex Ghalpon, despois da grande vitoria de Albertiño, príncipe dos Peares e solteiro de ouro da cornisa noroeste.
    A verdade é que nunca foi difícil apreciar no PPdG(gá) un tufiño algo ransioso, con eses baltares que viven entregados ao ex abrupto. Mentras estes patriotas se prodigaban en insultos contra todo o que se movera, as mesas dos despachos valeron de acubillo para outra xente máis moderada. Esta peña fai estudos, ten datos, ve tendencias, planifica estratexias… E nunha delas van e din: “Oes, a nós o que nos fai falta é o voto gay, que é porcentualmente importante”. “Pois nada -di outro, en pleno brain storming-, hai que traballar o asunto e afiar o perfil do noso candidato para captar ese voto tan substancioso porcentualmente”. “Pouco hai que afiar -retruca o primeiro-; tan só mover os fíos para que a actitude aberta e tolerante do noso candidato sexa coñecida pola opinión pública”. “Xa sei -di unha moza de finísimas mechas áureas-, xa teño a solución: o noso candidato ten que recibir algún premio que dea conta da súa actitude moderna e rica en valores democráticos; por exemplo, o Premio Marcela y Elisa”. E aquí están as probas: http://www.felgt.org/i/58933/234/nunez-feijoo-candidato-a-la-presidencia-de-la-xunta-de-galicia-gana-el-premio-marcela-y-elisa
    Moita calma, que seguro que aínda nos habemos divertir a pesar de todo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s