Anque hoxe sexa un día frío, ventoso e chuviñento, non afasta a primavera que desde hai días comezamos a notar. Na semana pasada metín a cámara no coche porque xa estaba a sentir a premura de retratar as cores que van asomando e alumando o espírito. Fun a exploradora do balón daquel pequeno no parque, e apañei un feixe de imaxes que agora che ensino. Non hai floriñas ventureiras, de momento parei nas flores ornamentais dos parques e dos viveiros, lugares os dous moi gozosos para min.
Moitas grazas por achegardes os vosos comentarios aos meus post, e en especial ao anterior a este. Con xente coma vosoutros as mil primaveras tan desexadas son un futuro alcanzable.
E con tantas cores, convídote a bailar un valse:
Frühlingsstimmen op. 410 Voces de primavera, Johann Strauss (fillo).
Xandra,
As sensacións que transmites coas fotos deste post son as mesmas que eu tiven o sábado atravesando a provincia de Ourense ata os Riós. Pensei que xa chegara a primavera.
Pero á volta, á tardiña, volveume parecer gris a paisaxe e sentinme de novo metido no inverno. Foi coma se estivese en dous mundos na mesma tarde.
Agora que me decato, a sensación de inverno empecei a notala ó pasar polos Peares e xa non me abandonou máis.
Nos Peares… Será casualidade?