Ondas

Hai xente luminosa, luminosa coma estes últimos días do canso inverno que xa quere ser primavera. A luz estaba na auga e eu fun mirala; a compaña foi boa, a memoria tranquila e no corazón as novas amigas que traen palabras e sentires que arrolan.

Gravei e por fin dei feito algo co gravado: Ghalpon presenta o seu primeiro vídeo con imaxes en movemento. Patricia levoume ao mar, e o mar e Lorena leváronme á Idade Media. Clica na primeira das fotos para velo.

Gaivota

Cuncha

Mexilón
Cunchiña

2 thoughts on “Ondas

  1. Non podo deixar de amosar a miña inmensa gratitude, enorme emoción por tan sentidas imaxes. Nas ondas vexo esas miradas e ese sorrir calmo que sempre recibo da que xa é a miña amiga Ghalpon.

    Compráceme terte levado a unha época na que, quizais, nalgún tempo, habitamos xuntas. Polo de pronto, agora, toca vivirmos o presente.

    Grazas por tan emotivo agasallo!

  2. Non ten nada que ver mais, fozando no google maps descobrin un topónimo googleliano moi bo, de seguro que concordas:

    Al Durfe, Pastoriza
    Ligazón:

    A brincadeira imaxinala: “my name is Durfe; Al Durfe”

    beixos a feixes.

    P.D. Desmembráronme a aldea nos seus lugares… ainda por riba situan o Azougue na Igrexa…

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s