Ás veces vas pola rúa e, de repente, ábrese o túnel do tempo: unha imaxe, un lugar, un arrecendo propio do pasado. A última vez que me asomei ao túnel tiven sorte e levaba a cámara. Foi en Pontevedra, nunhas galerías comerciais do centro está a peluquería Manolo… e eu quedei un pedazo fóra a ver se saía dalí Sofía Loren.
Se cadra a nosa Sofía Loren saíu da perrucaría, e se cadra parou na drogaría do carón para lle mercar unha brocha de afeitar ao seu Marcello Mastroianni. E aí de novo se abre o túnel do tempo, desta volta na memoria, e vexo a miña tía afeitando a meu avó na cociña. Lembro o ritual, o olor e o son da barba ao ser levada pola coitela, co fino bigote a salvo.
Para a Sofía: Renato Carosone, para o Marcello: Sofía e Sofía, e para meu avó: Clint Eastwood.
Ese cartel que anuncia ioga si que supón todo un salto no tempo.