Pedra, luz, cor.

Hai pedras que colocamos nós. Que foron molladas, suadas, sufridas e gozadas por xente coma nós…  Hai cores creadas por nós. Cores dirixidas, meditadas, sabidas e xogadas por nós… Hai luz creada por nós. E luz que coutamos, que abrimos, que queremos para nós…

Mais hai veces que as pedras, as cores, a luz xúntanse de maneira sublime sen que as persoas fagamos moito máis que mirar.

E estes días puiden mirar isto.

A casiña do bosque

A escaleira do tempo

O espello de carballo

Penedos de luz

A sombra do templo

A luz do templo

Luz de cor

Imaxes e sons sublimes témolos na voz de Cat Power e a película My Blueberry Nights, de Wong Kar-wai, xunguidos en The Greatest.

2 thoughts on “Pedra, luz, cor.

  1. Cautívanme as paisaxes coas que sempre nos agasallas a través das túas fotos.
    A min tamén me gusta mirar ás pedras, teño ese vicio. Coido que posúen vida propia. Desde as grandes rochas ou penedos coma as que ti nos mostras, ata os croios dos regueiros.

    En Batume, amosáchesnos o Mera vizoso; moito me gusta esta palabra: vizoso. Seguindo os teus sabios consellos, faleilles a miñas irmáns (que viven en Lugo) dese lugar de encantamento. Tanto elas coma eu, somos asiduas aficionadas ás rutas de sendeirismo. A ver se un día destes nos animamos a visitar o monte Segade.

    E falando de pedras, grazas por traernos a obra de Fernando. Coñecía a colección de fotos e o vídeo. É certo que el sabe apreciar e transmitir con orixinalidade a esencia da pedra. Recoñezo que son unha gran admiradora da súa “pirámide”, que ben sabes ti onde está situada.
    Outra casualidade: eu tamén andiven a procura de vimbieiras, pero as fotos saíron borrosas. Haberá que esperar ao próximo inverno, non si?

    Unha aperta. Aura.

    • Póñome colorada coas cousas que me dis, Aura. Agradézochas inmensamente e danme moita forza e alegría para seguir compartindo estas cousiñas que fago.
      Vén (vai) ata Lugo, que é terra que conserva lugares que alimentan con só miralos. Fernando inda dará pé para algún outro post de Ghalpon, de seguro, pois a súa obra mostra unha maneira de mirar, e un amor pola natureza e os materiais -a pedra que nosoutras tamén gozamos- que fai que me sinta moi achegada a ela.
      As vimbieiras xa queren encherse de folla de novo, se cadra inda as fotografamos neste esplendor primaveral. Miramos?
      Unha aperta

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s