Encantar, absorber, lembrar, reciclar, evocar, cabrear, simpatizar, esquecer, amar, reler, chorar, revivir, anguriar, animar… e ata calzar (unha mesa) son verbos que usaría para falar dos libros que teño lido e dos que seguirei lendo ata que máis non poida, que o vicio da lectura é un deses que se pode confesar.
Aínda que aquí non sexa tradición, desde hai tempo optei por asumir como propio o ritual do Sant Jordi. Un libro e unha flor son un bo agasallo para lle facer a alguén que estea ao carón, e a cara de sorpresa do inesperado achega unha resposta do máis saborosa.
As librarías son lugares viciosos que visito con prudencia. Sen verbas non han quedar os libros, mais sen verbas quedou unha libraría de Pontevedra que na noite do Ravachol retratei vestida para o seu propio enterro.
Música e vídeo de hábil sinxeleza con The Books, Smell like content.
E unhas recomendacións para aqueles que ás veces lemos (ou facemos ler) libros que non se queren ler: