3 thoughts on “Non quedemos sen palabras

  1. Moi oportuna a foto, Alex.
    Cando penso no que é para moitos de nós a nosa lingua vénme ao acordo este textiño de Avilés de Taramancos. Claro que o que para min é unha sustancia que me constrúe, para Galicia Bilingüe é un puro estorbo. Que fale Avilés:

    “Na outra banda do mar construen o navio:
    o martelar dos calafates resoa na mañá, e non saben
    que están a construir a torre de cristal da miña infáncia.
    Non saben que cada peza, cada caderna maxistral
    é unha peza do meu ser. Non saben
    que no interior da quilla está a médula mesma
    da miña espiña dorsal; que no galipote a quencer
    está o perfume máxico da vida.

    Que cando no remate ergan a vela, e a enxárcia
    tremole vagarosamente no ar
    será o meu corazón quen sinta o vento,
    será o meu corazón.”

    • Moi oportunas as palabras, Falabarato. Palabras que arrolan en momentos que fan moita falla.
      Pasearemos por carballeiras de palabras, por praias de palabras, por fotos de palabras.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s