A boa herdanza

A herdanza que nos queda, a herdanza que nos dan. A herdanza que collemos ou que queremos coller componse de ducias de pequenas e grandes cousas que nos asentan no mundo. Herdamos a lingua, os vicios, as paixóns e os medos. Herdamos palabras, xestos, vontades… e aquelas cousas que son moito máis que obxectos: a trencha do padriño, a navalla do Manuel, as sabas da avoa, a radio do avó…

Ás veces ata herdamos os amigos, e aí unha vez máis agradézolle a meus pais ese ben comunal, ese levar os fillos ao amor fraterno dos seus amigos. Desde pequena estiven rodeada de xente grande que me aloumiñou e me falou mirando aos ollos. E fomos medrando, e imos envellecendo, e os amigos dos pais son os nosos amigos.

Este domingo acompañamos dous amigos á merecida homenaxe. Ao Mini e ao Mero dábanlles o Pedrón de Ouro na casa da Matanza de Rosalía en Padrón. Xurdiron palabras serias e tensas, amigables e gozosas. E os amigos estaban alí para escoitalas e para dicilas.

Debaixo da parra falaron e cantaron, e debaixo da parra tamén falou a Mariana Ploae-Hanganu co seu delicioso galego. E a cámara retratou seriedade e amizade, e a mirada que fala sen falar. E ao carón da parra ben trabada, do buxo e a loureira, estaba el e estaba ela, e a sombra da figueira.

mini bn

mariana bn

mini e mero bn

vázquez pintor

mini e mero rin

A parra

buxo ale

el

ela

A figueira

A Quenlla e Darío Xohán Cabana, Romance da Lingua Galega

4 thoughts on “A boa herdanza

    • Cacho espía estás feito! Con iso non contaba, que non me gusta moito saír nas fotos. Moitas grazas polo aviso, Suso. E, por certo, ben sei que o paraugas é bonito, e moita falla me fixo o día da chuviosa manifestación. O teu comentario deu pé a rirse, que sempre é cousa boa ;-). Bicos

  1. Fermoso texto, imaxes e sentimentos. Grazas en nome dos que tivemos o honor de compartir ese momento e a fortuna de sentir achegados tamén a estes dous homes, tesouros vivintes da nosa Terra!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s