Unha de romanos

Na pasada fin de semana houbo moita troula en Lucus Augusti. Celebrouse unha destas festas con vontade de revival histórico que tan abondosas son no noso país. Mais a singularidade da cidade de luguesa mira ao seu pasado romano e non tanto ao medieval, que é a referencia principal destes eventos. O Arde Lucus é cousa ben exitosa, ben se sabe que as ganas de festa non é que falten neste país, así que camiñar polas rúas da cidade era sentirse como nun bo día de San Froilán, só que as vestimentas correspondían a hai dous mil anos.

Animeime a facer o propio e coa compaña da cámara atopei algunha cousa que retratar. Nesta ocasión tiven incluso dous modelos de excepción: os cónsules Óscar e Coe, que moi ben quedan nos retratos.

Aproveito como luguesa (algo imperfecta) a ocasión para recomendarvos unha volta pola muralla, unha visita ao Museo Provincial (a sala do ouro prerromano, a cociña, o claustro e o mosaico de Armañá), á casa dos Mosaicos na rúa das Docerías ou Doutor Castro (os restos dunha domus con sistema de calefacción e todo) e a Sala de Exposicións Porta Miñá (conta con moitos materiais achados nas excavacións feitas na cidade).

Fóra da cidade está un tesouro menos coñecido do que debera: o monumento de Santa Eulalia de Bóveda, no Camiño Primitivo de Santiago. Este santuario, con deliciosas pinturas de época tardorromana, dá pé a darmos un paseo por unha das parroquias máis vizosas do concello lugués, incluso podes seguir un roteiro no que eu tiven algo que ver.

E aquí podes ver unha fermosísima foto panorámica do Arde Lucus. Ave!

Rebumbio

Cónsules

Cónsules laureados

Ambiente

Puer

Baco

Adubíos

Caligae

Bordados sospeitosos e pelucus modernus

Moito bebercium de Iupiter

Legionario

Moito ao que atender

Tambores de festa

Pizza, pizzae

Stellae de lume

Paxariño en Santa Eulalia

5 thoughts on “Unha de romanos

  1. “Arde Lucus. Ave” -escribes ti-. Non sei eu se iso do AVE aínda tardará un pouco en chegar a Lugo -digo eu-.

    Boa viaxe, “mar por medio”, Xandra.

    Suso

  2. Hei!! Sacaches a miña toga feita coas sábanas de voda de Santi, cos seus bordados primorosos e todo!! É que un romano de extrarradio, glamur non terá, pero a bo humor e pouca vergoña non lle jana ninguén. Jajajaja!!

    Foi un pracer ser o obxectivo de tantas fotos (algunha vívora dirá que son un egocéntrico). Cando precises modelo, avísame. Non serei juapo, pero si disposto.

    O pasei de pinga en lvcus ese día. A cidade é fantástica e a compaña foi magnífica. Espero que coincidamos unhas cantas veces máis. Bicos.

    • Xa che digo, Fasedoira! Xa vin as túas fotos da romana mais disposta do imperiun. O próximo ano verémonos, por que eu volvo!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s