Predica meu frade…
…que por unha orella me entra e por outra me sae.
Na Igrexa da Universidade hai unha exposición sobre Charles Chaplin, paga moito a pena. Vai estar ata o 30 de agosto, así que inda hai tempo para pasar por alí, rir… e ver rir, que poucas cousas son tan gozosas.
Seguín camiño por Compostela adiante, e topei con pés cansos e rodas cansas.
E hai quen perde os calzoncillos en cada sitio…
E cheguei a tempo para ver a Tarsila do Amaral, artista brasileira das vangardas, nunha tamén moi recomendable exposición. Iso si, para esta hai que apurar máis: pecha o 31 de xullo.
Antropofagia, de Tarsila do Amaral.
“Só a antropofaxia nos une. Socialmente. Economicamente. Filosoficamente”
Oswald de Andrade, Manifesto antropófago (1928).
E unha descuberta sonora: De momento abril, de La bien querida.