Ás veces cómpre quedar mirando… para un mesmo.
Inda nos sitios máis aparentemente feos, aparecen fermosuras que aluman o corazón. Nos días chuviñentos que nos tocan agora, inda se agradece máis que aparezan cousas así.
Viaxaremos cara o final do Arco da Vella, da man de Iris, a mensaxeira dos deuses.
Judy Garland, Somewhere over the rainbow.
Viaxaremos cara o final do arco da vella da man de iris… chan, chan, chan
Pauliña, é moi de agradecer este toque irónico para as miñas palabras. Éche boa verdade que a perspectiva cambia cos anos, cando teñas a idade desta túa curmá máis vella a ver que paxaroladas se che ocorre escribir. Douche a benvida a este blog, que se honra (e isto non é ningunha coña) con que ti o leas e o comentes. Ben sabes que teño debilidade por escoitarte, e lerte é outra maneira de poder aprezar os razonamentos dos teus espléndidos dez anos. Bicos