Cabo Home

Foi en domingo. Quentaba o sol e había ganas de ver o mar. Desta volta é o mar de Hío e de Cabo Home, do monte do Facho e das Illas Cíes que fican aí a ese lado e das Ons de meu avó que fican a estoutro, e da luz e o azul. Era xullo, e as tardes en xullo piden unha paradiña para ver o Tour.

A pecadora

A pena

Suando con Contador

Atendendo

Elas están ao seu

O burro mira para as Cíes

Branco

Atlántico

Azul

O tigre

Desde o monte do Facho

Natureza esculpida

Solpor

Espiral de solpor

Bill Whiters, Ain’t no sunshine.

Olivia Newton John e John Travolta en Grease, Summer nights.

3 thoughts on “Cabo Home

    • Pois mira que lle dei voltas e non concluín nada. Estiven buscando na rede e a maior parte da información que aparece sobre o Monte do Facho está vinculada ao xacemento castrexo, logo romanizado, e ao santuario do deus prerromano Berobreo que fai deste lugar un fito na historia da Gallaecia. Do edificio da cúpula atopei mencións a que era unha garita militar de vixilancia, e tamén a que era o facho ou faro antigo, xa de orixe romana anque do século XVIII na súa forma actual. Nel non se poría luz coma nun faro tal e como o entendemos hoxe, senón que funcionaría o vello sistema do facho (que certamente lle dá nome ao monte), que consitía en prender lume con materia vexetal, coma tal palla, verde ou húmida para que fixera moito fume, sendo o fume o que axudaba a se guiar, e non a luz.
      Desde logo é un lugar que merece moito a pena visitar polo que hai no pico, mais tamén polo fermoso do camiño: unha calzada empedrada pola que leva andado a xente se cadra máis de dous mil anos.

  1. Fermosísimo espazo natural Cabo Home. Encántame ese espazo, é máxico, milenario, non sei, transpite algo. A natureza en todo o seu esplendor.
    Un saúdo

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s