Saor en música

O 21 de xullo acudín a un concerto moi agardado. O grupo Saor en música actuaba no Capela Real do Hostal dos Reis Católicos cun repertorio composto por música renacentista e poemas de Petrarca e Darío Xohán Cabana. O violoncello de Carlos García Amigo e o arquilaúde de Diego Rojo, as voces de Nuria García Amigo e Julia Cea xunguiron Italia e Galiza, os séculos antigos e os nosos XX e XXI e fixéronnos gozar con esa ponte grande que une pasado e presente, ben trabada e firme con labores coma este. Beizón!

Gravei o concerto e editeino, e puxen un anaco no youtube: unha peza instrumental tocada por Diego Rojo co seu arquilaúde. É a Calata alla spagnola de Jonambrosio Dalza. Ao comezo aparecen os títulos de crédito xerais do vídeo completo, co son de fondo do Ti que en rimas dispersas de Petrarca en tradución de Darío Xohán Cabana. Se alguén quere o concerto completo, fareillo chegar con moito gusto.

Aquí vos queda o Diego Rojo:

2 thoughts on “Saor en música

  1. Moitas grazas por subir o vídeo! Encantaríame telo concerto completo, por suposto. Foi unha experiencia maravillosa que nos aledaría moito repetir, sen dúbida. Unha forte aperta
    Carlos

    • Moitas grazas a vós, Carlos. Foi unha experiencia moi bonita para min e para os meus. Conta co vídeo completo nestes días, voulle pasar a Diego varias copias. Bicos

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s