Haberá que volver a London, anque só sexa coa memoria fotográfica. Foi un luns: Trafalgar Square, as xentes e a rúa; a National Gallery, a emoción das cores e as luces verdadeiras dos cadros aprendidos en reproducións; o té e os gravados en St Martins in the Fields, os gardas emplumados, as rúas do poder; o Londres do vello gótico, da abadía de Westminster, e do neogótico abrumador das casas do Parlamento; a pinta no pub de Sherlock Holmes e, sobre todo, as fotos roubadas, a cámara pousada na mesa mirando ao redor, a cámara colgada na man disparando sen pensar, capturando instantes.
[Vimeo 6536744]
The Mamas & the Papas, Monday, monday.
Fermosas fotos nun fermoso blog. Parabéns
Benvido, Antonio, e moitas grazas. O teu traballo na rede é un fermoso espello onde mirarse.