A busca do muiñeiro

Para A.

O muiñeiro non ten muíño. Anda á procura del no carro, a cabalo, a pé. E andando camiños de terra pescuda camiños de auga. E busca rairos, e caneiros, e remansos, e se cadra unha pesqueira, e un lugar onde facer que a memoria da auga no rodicio se manifeste cunha nova realidade, palpable, tanxible, onde o soño se faga espertar.

Os ríos acollen troitas que comparten auga con fondos dourados e mulleres de longos e verdes cabelos e cabaliños do demo de azuis máxicos. E a vella madeira fala de vidas pasadas, de marcas do tempo que foi. E a ferruxe converte as ferramentas en terra, e case non quedan recordos nin quedan palabras, mais o muiñeiro agárrase a elas, e se cadra senta no caneiro onde a auga se converte en espello, e soña con volver moer.

Cabelos

Cabaliño do demo

Porta vivida

Pola contra

Couza

Ferramenta

Á espera da moenda

No muíño

Auga

Trabe

Espello

Hoxe lembrei unha espléndida canción nun espléndido concerto: Jimmy Scott, The first time ever I saw your face, Eastwood After Hours (Live at Carnegie Hall), concerto a través da produción musical e cinematográfica do grande Clint.

5 thoughts on “A busca do muiñeiro

  1. As imaxes deste post cólganseme nos ollos, como a ti os recordos de Area de Bon, pois sei dunha nena que naceu nun lugar semellante arroupada pola auga dun río.
    Só quero enviarche unha frase de Clarice Lispector:
    Pois no río había algo como o lume do fogar. E cando ela advertiu que, ademais do frío, chovía nas árbores, non podía crer que tanto lle fose dado.” Vida ó natural.

    Que sorte poder disfrutar das túas fotografías!

  2. A miña burriña cando vai pra o muíño
    toda enfariñada e cheíña de frío
    cheíña de frío e mais toda xiada
    a miña burriña sempre vai cangada

    Esta noite heite ir a vere
    meniña non teñas medo
    déixame a porta trancada
    cunha palhiña de centeo…

    • Xa vexo que os muíños evocan tempos e palabras, e qué palabras máis bonitas as vosas, as da Lispector, e as cantigas que chaman por momentos gozosos. Moito me gusta, Cano, que te animases a “cantar” no meu blog. Benvido!

    • Grazas, Alex, e benvid@. O mundo dos muíños é á vez fermoso e melancólico. Tantas cousas que neles teñen pasado, tantas horas de conversa, de traballo, de vida, e moitos fican totalmente abandonados sen maneira de que vaian parar a mans de nov@s “muiñeir@s” que lles podían dar de novo a vida que precisan. Apertas.

Deixa unha resposta a Cano x