Neste ano houbo moita melancolía, pero tamén houbo moitos sorrisos, e moitas risas imparables e impagables. Recordar é algo que se me dá ben, pero creo que no de rir tampouco vou mal, por moito que ás veces poida parecer que non é o meu costume habitual se un le o que escribo. Río moito, e por iso remato este primeiro aniversario do blog da Ghalpon mandándoche un sorriso.
Smile, na voz de Madeleine Peyroux.
Tenro sorrir, Ghalpon.
Consérvao!
Soamente deixar unhas palabras de Roland Barthes sobre fotografía, un fragmento relacionado cunha fotografía da súa nai no invernadoiro, e outro sobre a mirada fotográfica, atopandoa algunhas veces na vida e sin distorsión:
“Se me gusta unha foto, se me trastorna, entretéñome contemplandoa. Que fago durante todo o tempo que permanezo aí, ante ela? Ólloa, a escruto, coma se quixera saber máis sobre a cousa ou a persoa que a foto representa.”
“Agora ben, a ollada, se insiste (e con máis razón se dura, se atravesa coa fotografía o Tempo), a ollada é sempre virtualmente tola: é ao mesmo tempo efecto de verdade e efecto de tolemia.”
e efecto de felicidade
… recordando, rindo e sorrindo. Será un pracer acompañarte un ano máis.
Apertas de outono.
Grazas, Aura, por tan bonita restra de comentarios. Seguiremos mirando unha para a outra como veciñas de ventás virtuais. Apertas de mazás olorosas
quero que saibas que este blog está na miña barra de marcadores favoritos, por algo será…que non se peche nunca
Suso, seguirei coa porta aberta moito tempo, creo, a idea de abrila ás vosas olladas foi unha das mellores que teño tido, e unha das que máis alegrías me trae. Moitas grazas por estar aí. Bicos