A ruta da Ponte do Ramo

Para L. e M.

Dá gusto ver como hai xente que lle quere ao seu lugar de orixe, xente que marcha dalí polas cousas que trae a vida e o traballo, pero que volve, que aprecia o sitio do que parte e fai cousas para conservalo e darlle vida.

Por terras de Cuntis, en Vilar de Mato, unha xuntanza de xente nova creou unha asociación e con ela un roteiro que anda camiños vellos e novos: un anaco dunha vía romana, vellas congostras, petroglifos, camiños de pescadores e muíños… e unha frescura de bosque de ribeira e grandes carballeiras.

Por alí estiven o día da súa inauguración, e saín ben contenta da xornada. Unha das cousas divertidas do día foi o ínclito profesor Núñez Sobrino, que nos falou ao carón dos petroglifos. Se tes curiosidade por coñecer as súas liñas xerais de pensamento, podes ver o vídeo que lle dedicou Falabarato, que tamén inclúe máis fotos e gravacións da xornada inaugural.

Recoméndoche facer a ruta, son cerca de sete quilómetros moi agradables de andar. Para ver os petroglifos é mellor escoller cando o sol vai baixo, porque a sombra dos raios inclinados axuda a ver máis claras tan antigas liñas na pedra. Se sobes aos penedos para buscar as gravuras, lembra unha cousa: mellor é subir descalzo. Podería poñerlle algo de poesía a esta recomendación, pero case me dá vergoña dicir que me emociono pisando descalza pedras traballadas hai tanto tempo, así que só vou dicir que os pés nús ou con calcetíns non mancan como si poden mancar as botas ou o calzado que leves, e unha persoa tras outra poden facer dano sen querelo.

Andar camiños

Carballos e carballos

Palabras sobre pedra

Espírito novo

Memoria de camiños

Pao sobre petroglifo

Xogo de nenos

Verde

Descubrindo muíños

Forza

Muiñada

Por onde corría a auga

Auga

Eu só

Que ben se conversa aquí

Bailada

E como o son e o movemento do río non se poden apreciar nas fotos, podes andar un anaquiño da ruta a través dun pequeno vídeo.

E ao andarmos camiños, andamos camiños andados, e un dos camiños máis vellos que temos é o per loca maritima, de nome romano pero inda máis vello ca eles. Milladoiro fixo unha peza con este nome, e podes escoitala aquí.

3 thoughts on “A ruta da Ponte do Ramo

  1. Fantástica reportaxe dende o punto de vista estético e ético.
    Agradecémosche a cercanía e a amizade que se desprenden das verbas. Moitas grazas, Alex.

    • Moitas grazas a ti, Marcos. O traballo que fixeches, e que fixestes, perece moito máis que louvanzas. Apertas

  2. Pingback: Un día para lembrar

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s