É grande a feira de Betanzos, e máis grande inda no día de Tódolos Santos, pero onte case gañamos o ceo todos os que aló fomos, pois moita auga caeu e moita molladura collemos. Poucas fotos puiden facer, case facía falla unha cámara subacuática, pero o mellor foi estar no obxectivo da nova fotógrafa.
Hai cousa de 83 anos, andou por Betanzos unha señora con pinta de muller encantadora. Chamábase Ruth Matilda Anderson e veu por vez primeira a Galiza en 1924 para facer un traballo fotográfico e etnográfico sobre o noso país. O 16 de xaneiro de 1926 estivo na feira en Betanzos, e traio esta coincidencia simplemente para che recomendar ir á exposición que ata o 28 de febreiro reúne preto de 500 fotografías desta fantástica fotógrafa na sede da Coruña da Fundación Caixa Galicia. Creo que é unha visita imprescindible.
Con tanta auga, só queda cantar. Gene Kelly, I’m singing in the rain.
Habrá que ir…
Por suposto, Bruxo, éche moi recomendable. Por certo, parabéns polas túas fotos, case me deixan sen alento. Tes un nome moi acaído, moitas bruxerías fas coa luz e as cores, quen puidera!
Mmmmmm!!!!!! A envexa corróeme… lástima non poder ir. O vindeiro ano sen falta, e ata entón….. habemos de ter moitas máis ocasións de percorrer feiras e mercados, seguro!
Bicos!
Oskar
Claro que si, Óskar, mercados e feiras haberá e por eles andaremos! Bicos!
Pois procurarei ir ver a exposición de Ruth Matilda. Dende logo ten moi boa pinta… E quen sabe, seguro que anda por aí algún(ha) vello parente.
Bicos.
Moi boa a exposición. O que sinto é que estivo vários meses en Lugo e ninguén falou dela… Bicos.
Tes moita razón, Marra, ninguén falou da exposición mentras estivo en Lugo. Non entendo moi ben que foi o que pasou, de feito a exposición estreárona en Lugo pero nunha versión reducida, pois creo que non chegaba a 200 fotografías e na Coruña expóñense cerca de 500.
Araceli, as fotos da Matilda vanche encantar, e andar andou pola túa terra, creo recordar verlle algunha foto de Fisterra.
Falabarato, diante do que dis pouco podo dicir. Calo, póñome colorada e douche as grazas pola esaxeración. Bicos aos tres
Vou pontificar:
Cando pasen cen anos -que pasarán, sen dúbida…-, algunhas fotos de Alex Ghalpon terán para a xente que as vexa daquela o mesmo encanto e a mesma forza que as que se incluíron nesa excelente exposición de R. M. Anderson.
Que gusto bailar baixo a choiva!!! Ata parece que o día volveuse menos gris.
Boísima a exposición de Ruht Anderson y é ben certo que cando estivo en Lugo ninguén falou dela. O libro que publicou a Xunta dela xa fai ben tempo é unha xoia, as fotos de Costa da Morte dese libro son impresionantes, tanto como a das leiteiras polas rúas de Santiago.
Ten graza, a nova fotografa parecese a miña sobriña Uxía, ata no xeito de coller a cámara.
Saúdos dende A Ulloa.
Voltarei por polo teu lar
Onte fun a ver a exposición de Ruth Anderson, porque eu non vira a de Lugo, foi abraiante ver que tiña ¡fotos da Ulloa!. Eu non o sabía porque no libro da xunta non aparecía ningunha.
Merquei o catalogo porque é unha xoia, iso si, a moza da tenda díxome que todas as fotos da exposición estaban no libro e non é certo, na exposición había tres fotos da Ulloa e no libro so saen dúas.
Bicos