Amizade azul

Cando un está

triste e azul

ás veces aparece alguén

que debuxa en ti un sorriso


 

 

Este grande mural acompaña o meu paso diario cara o traballo. Está no patio do IES Santiago Basanta Silva, en Vilalba. Os artistas plásticos son Carrasco e a súa compañía de alumnos e alumnas. Parabéns para eles.

Roberto Carlos, El gato que está triste y azul.

5 thoughts on “Amizade azul

  1. O mural é ben bonito, pero cada vez que vexo unha referencia a esa canción de Roberto Carlos non podo evitar acordarme dun programa de radio no que analizaban, fragmento a fragmento, a letra desa canción. Facíano en plan coña e a verdade é que parecía surrealismo puro. Moito me fixeron rir, e iso tamén se agradece.

  2. Cando lin o que puxeches:

    “Cando un está triste e azul
    ás veces aparece alguén
    que debuxa en ti un sorriso”.

    acordeime da canción de Ismael Serrano titulada “Sucede que a veces” que di:
    “Pero sucede también
    que, sin saber cómo ni cuándo,
    algo te eriza la piel
    y te rescata del naufragio”

    Por se queres ler a letra da canción:
    http://www.ismaelserrano.com/canciones/letras/sucedequeaveces.htm

    Por se a queres escoitar:

    • Merce, é un pracer que decidiras saír do teu recunchiño obxervador e escribirme. Moitas grazas por iso e pola recomendación musical. Bicos
      Suso, paréceme estupendo que a escolla musical abrira unha porta a un recordo divertido. A frase do mural levoume a esa canción, e a verdade é que o Roberto Carlos gústame hoxe inda máis do que me ten gustado de pequena. Será a idade e certa melancolía, ou será que unha xa non ten vergoña de recoñecer certos gustos, ou será que a última vez que escoitei algo do Roberto Carlos gostei imenso. Recoméndocho, é o concerto de homenaxe a Tom Jobim, que deron o Robertinho e mais o Caetano Veloso. Aquí queda unha mostra:

  3. Canto me gustan os dous, son uns monstruos maravillosos!
    Volvo a entrar no teu blog e volto a sonreir. Gústame moito e coido que temos gostos musicais comúns. Deixote unha canción que me gusta moito e que estou segura que tamén che gustará.
    Unha aperta dende o ciberespacio.

  4. Ola, Alexandra, chego tarde a estes fermosos convites teus porque tamén estiven co ghripe e despois andei por fóra, así que máis ou menos ando aterrando. Moitos bicos!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s