O domingo sen plan vaise facendo case sen buscalo, sen querer. Esperto en Betanzos, e caio na oferta de probar o vermú por primeira vez. Sada. O Chiringuito non é o local que un pensaría polo nome, e o lugar acolledor serve tamén para beber o Izaguirre en vasos de Martini. Non contaba co baloncesto, pero o dominguiño tamén serviu para ver como o pequeno mallaba no grande, que gozada!
Como se fose unha bola de neve, o que ía ser un breve encontro medrou e medrou. A Terraza é unha nova caixa de luz, e haberá que volver pra gozala como caixa de música. Os mexilóns de Lorbé mataron a nosa fame, e a fame de pasear e ver levounos ao faro de Mera e ao Seixo Branco. Desde o búnker o sol pousábase na Coruña.
Vento vento vento
Friaxe que adoece nos ouvidos e golpea as tempas. Calor, compaña, conversa. Corremos en busca do acubillo mais tamén na procura de novos espazos que vivir. A luz do castelo de Santa Cruz acariñaba a marea baixa.
Luces. Frío. Calor. Calor de amizade.
Cando volvín prá casa nevaba por Parga. Mentras escribo vólveme coller o frío.
“Esperaré a que tengas nostalgia de mí”. Sole Giménez, Esperaré.
“Give me the words”. Nouvelle Vague, In a manner of speaking.
Bonitas fotos, Ghalpon. E aínda máis as palabras. Esa capacidade túa para contar como sen levantar a voz. Falar de sensacións, de sentimentos.¡Quen poidera! A música, como sempre, perfecta.
Levantaches acta dun bonito día que estóu seguro que permanecerá na memoria de máis xente. A paisaxe, as rutas, os lugares, a compañía….os sorrisos, as conversas, os silencios…..as presencias, as ausencias….
Seguiremos paseando e falando de sentimentos e de sensacións, e seguiremos creando cousas e momentos para recordar. Bicos
Moi boas as fotos do domingo. Captaches magníficamente a sensación desa tarde.
De regalo, un adianto da banda sonora africana:
que coñecidos e amados eses lugares (ata me parece recoñecer a rocha de Mera, porque foron moitos dias fitándoa dende o cantí; xa sei que as rochas todas se parecen, pero frente a ela recibin un primeiro beixo de alguén moi desexado, e esas cousas non esquecen!
😉