Leo, leo, ando lendo a Leo.
Leo Caldas deitouse no sofá e alí quedou o resto da noite, sen levantar a vista do lume para que o seu pai puidese chorar cada vaso de viño que bebía.
Domingo Villar, A praia dos afogados
Leo, leo, leo. Desde hai un tempo estou enganchada a un novo personaxe. É o inspector da policía Leo Caldas. Hai que descubrilo primeiro en Ollos de auga, para quedar totalmente prendada del na Praia dos afogados.
Mentres lía algunhas pasaxes víñanseme á cabeza imaxes que fotografar. E agardaba ter unha para coller e falar deste tipo encantador. E tocoulle ao lume.
George Gershwin, Promenade.
Xusto quedei con esa frase cara ao comezo da Praia dos afogados. Leo tenme enghanchadiña, entre ti e el xa non sei que facer…
Coma sempre un pracer de imaxes e palabras!
Ai, quen fora ese Leo Caldas, que te ten tan “enganchada”. Imaxínote unha muller engaiolante. Para cando unha foto túa neste blog?. Intuinte nalgunha da serie de Londres pero non estou seguro. Aproveito para desexarche NO NADAL.
Perdón, obviamente quixen dicir:
aproveito para desexarche Bo Nadal.
Lorena, o de Leo é moito, que tipo máis encantador e interesante. Incógnito, carai como te puxeches co comentario, hehe, ;-). Non che hai nada tan engaiolador en min. As fotos gústame máis facelas que que mas fagan, e pouco autorretrato teño probado a facer, pero todo se andará. Iso si, xa puxen dúas fotos polo menos da Ghalpon da nenez, e unha dun autorretrato nun espello, amparada pola cámara, este verán pasado.
Moitas grazas aos dous polas vosas cariñosas palabras. BO NADAL
Nunca cho dixen pero xa que sae o tema, aproveito para comentar que a foto do espello paréceme preciosa; ten algo especial. Pero non iguala a realidade. 🙂
Pero que fai alguén coma min dicindo piropos en público!!!
BO NADAL
Saúdos
Ghalpon, desatinas -e non sabes ata que punto- cando manifestas que non hai nada engaiolador en ti. E que conste en acta que se contradigo a túa autovaloración é para que resplandeza a verdade e non precisamente para darlle esperanzas ao Incógnito/Cógnito.
Eh!, eh! que eu son cógnito pero non teño nada que ver con incógnito. A Ghalpón e máis eu “cognoscitámonos” nas manifestacións. Debemos ter espírito rebelde.
(Bicos e bo nadal, amiga)
Joder! Acabo de caer na conta de que tanto misterio debe ser porque a entrada vai do detective Leo Caldas, pero que conste que o verdadeiramente divertido é o seu axudante zaragozano.
Pois ala! O misterio (?) do cógnito acabouse (do incógnito que se responsabilice el): Xanda, un bico desde a toupeira.
Vou darlle ghustiño ao Incógnito. Vai a esta páxina (http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2003/09/13/1986822.shtml) e verás un artigo dedicado á “historiadora e paleógrafa lucense” que tanto nos deleita con este blogue.
Certo que a foto non é recente e que a súa calidade non nos permite recrearnos na mirada verdeazulada tan cararcteristicamente alexandrina (“Os teus ollos son pombas”, Cantar dos cantares, 1:15). Certo que a longa melena foi substituída, creo que con bo criterio, por un corte máis lixeiro… Pero a onde non chegamos coa vista teremos que chegar coa imaxinación, mis queridísimos niños y niñas.
Saúdos.
De modo que esa moza lizgaira de fino talle que se mira no espello parapetada trala cámara eres ti… Ai quen fora Leo Caldas! Mioumiou, xa somos moitos, non crees?
Completamente de acordo, Incógnito.
Fiquei en silencio porque me fixestes ruborizar. Mellor quedo calada diante dos vosos comentarios, inda que escribo para agradecervos as vosas palabras, que sigo crendo excesivas. Bicos
Pois non cales e maniféstate, por favore!!!
Alex, como che vai con Leo Caldas? Xa engadín a túa recomendación á miña lista de lecturas pendentes.
Polo de pronto, eu quedei prendada das túas imaxes do lume. Que cores e que caloriño! Podería pasar horas, apampada, mirando ás chamas. Son tan reais!
Unha aperta agarimosa para despedir este ano.
Harmonía, Leo deu pracer e agora só queda agardar a que apareza algunha nova aventura súa ou reler as que xa hai, seguro que che ha gustar.
O lume é algo máxico, queda unha mirando pra el coma se parase o tempo. Agora mesmo veño de encendelo pra coller con calor a última noite do ano. A miña estufa é pechada e só vexo o lume detrás do cristal, pero atrae igual; o lume das imaxes é de lar aberto, e inda é máis engaiolante, testemuña de momentos plenos.
Hoxe reparto e desexo pra todos moitos bicos para o que queda de ano e para o ano que vén. Seguiremos mirando a través dás nosas ventás veciñas. Bicos de ano vello e ano novo.