Sinais

Romeán, sábado 9 de xaneiro do ano 2010. Sobre a unha da tarde paseo con miña mai para ver o estado dos camiños e reparo nos sinais. Cores intensas sobre branco.

Era un deses días nos que o ceo está cheo de mensaxes cruzadas.

Rafael Dieste, Espanto de Nenos

Xa que “apatrullamos” pola neve, a música desta volta é de Snow Patrol, Chasing cars.

E tamén outra, Open your eyes.

7 thoughts on “Sinais

  1. Sempre me sorprende esa capacidade túa para ver sináis, símbolos, referencias onde os demais só vemos indicacións de trafico sobre a Alba neve. Eses teus ollos como “polaroids” rexistrando as cousas cativas, miudas amosando a beleza do cotián para quedaren rexistradas nos negativos das nosas memorias. Ágora entendo ese sinal que indica “zig-zag” da última foto; non está aí para os coches, está para indicarlle ó cervo que está máis adiamte como ten que cruzar pola estrada.

  2. Que preciosidade! Non hai como saber mirar! Estas fotos son unha lambetada para deseñadores gráficos. 🙂

    • Coa túa estupenda ocorrencia non sei se argallar un conto, Incógnito: un corzo (cabra chamámoslle por aquí) que segue os sinais para andar por Romeán adiante… Coe, que as miñas fotos sexan unha lambetada é un todo un piropazo! Co golosa que eu son…

  3. Pois creo que xa vai sendo hora de que destapes a narradora que levas dentro. Aínda que, estou seguro, de que xa tes nalgún cartafol escondido máis dalgún relato. Non sexas egoista e comparte. 🙂

  4. Non teño, non, as únicas narracións que fago son as do blog, así que se algunha vez me animo a escribir algo máis que estas cousas pequeniñas tamén as poñerei por aquí. Pero non creo que me dea por aí, porque eu son máis de contar cousas en poucas palabras, e pensar nalgo máis longo faime suar o bolígrafo!

  5. Graciñas pola lección técnica do post anterior. Un día probarei.

    Desta túa última tandada de fotos, chámame a atención especialmente a do anuncio da Husqvarna cravado no piñeiro. Creo que ten variedade de produtos, pero eu identifico Husqvarna coas motoserras, así que iso é coma colgar un anuncio de coitelos no pescozo dun porco.

    Unha aperta
    Suso

    • Eu tamén identifico a marca coas motoserras, así que o piñeiro ben parece un Cristo coa cruz 😉 Moi bo o teu achado, Suso!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s