Nubes

Hai días

nos que querería

dedicarme só

a contar

nubes

Xa sei que hoxe o día non ten este ceo, pero eu quixen poñerllo. Como non hai xestos nin entonacións, deixo da vosa man o espíritu e ánimo que lle queirades dar a este post.

Para quen queira collelo con melancolía propoño de novo a Bruce, “Drive all night”.

E para quen o tome con todo o optimismo, os Beatles con “Here comes the sun”.

4 thoughts on “Nubes

  1. Entre o Drive all night do xefe e o Here Comes The Sun dos tales é difícil decidirse. Agora ben, entre a melancolía e o optimismo, querido/a Alex, eu fico coa alegría.
    Chamáchesme pitocairo porque nacín en xaneiro…
    Hoxe é así. O ceo que nos trouxo o leste destes días. E destas noites. Eu que sei.

  2. Difícil, difícil… Unha detrás da outra, quizaves, non? Na melancolía navego moito, pero quero que sexa con velame de optimismo…

  3. Si, aí concordo contigo, Alex: unha primeiro e outra despois. As dúas á vez non se pode. E a elección de unha das dúas non é para toda a vida, non?.
    “Encherémo-las velas coa luz náufraga da madrugada”. Canta forza ten tamén o naufraxio, perderse, o extravío! Navegar na noite, a luz das estrelas descoñecidas, a luz das apagadas!
    Hoxe, como ves, estou máis ben da banda de Bruce.
    Mudan os ventos e a vela ten que ir de popa para largo través e bolina.
    Navegar, a cousa seguramente está niso, en navegar.
    Unha aperta.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s