Cores

Ultimamente intento buscar con máis ansia cores. Cores coas que pintar a miña vida. Hoxe mostro unha das miñas últimas pescudas, e das máis frutíferas que recordo. Foi en Cuenca. Paredes, ventás, portas que aluman as miradas.

Quero dedicarlle este post especialmente a meu irmán, que cumpre anos hoxe e que me ten axudado moito a buscar nas cores polos camiños, polas árbores e polos animaliños, e tamén nos botes de pintura que xuntos temos estendido polas paredes da casa de nosos pais e da miña palleira.

A miúdo fago buscas por youtube con palabras que me levan dun lado a outro, divírtome coas asociacións ás que ás veces me fai chegar. Desta volta metín colour e axiña atopei un grupo que se chama City and colour, vamos, as cousas das que vai este post, a fermosa cidade de Cuenca e as súas cores. A descuberta do grupo achégame unha música xeitosa e uns vídeos a verdade ben bonitos.

Para esta ocasión escollera a canción The Girl, porque inda que melancólica quero rematar coa alegría que trae na parte final da canción, pero tamén  vos propoño Waiting e Sleeping Sickness.

Bicos de cores.

6 thoughts on “Cores

  1. Cuenca é increíble e fermosa, sobre todo se vas ben acompañado. Desfruta das viaxes que son unha boa maneira de apreciar o que hai polo mundo adiante. Graciñas polo post. Gústame moito. E o grupo este soa ben.

    Bicos.

  2. Moi bonito o post e as fotos, pero co teu permiso este comentario vai para Martiño. Felicidades rapaz!!!! Un biquiño

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s