Distorsións

Non teño costume de usar programas de retoque fotográfico. Apenas manexo o Picasa para recortar algo a foto ou modificarlle un puntiño a luz, mais o Picasa ten unha opción que ás veces por xogar probo: vou ter sorte. Ese vou ter sorte ás veces produce cousas espantosas, ás veces case non se nota e ás veces trae misterios. Coas imaxes das cores de Cuenca pasou isto, misteriosas distorsións: contraste, luz, sombras, tons escorregantes, fendas que se amplían, letras que se descobren. Estratos. Historia.

Poño as imaxes na mesma orde e coa referencia ao nome que lles dera no post das cores. Non son todas aquelas, pois non todas deron xogo. E poño algunha engadida ao final porque distorsionadas ofrecían máis do que na imaxe orixinal.

Distorsión da imaxe, distorsión do son. Darlle paso ao David Guetta (vai polo Cabaleiro Verde de Xanaz) coa súa Distorsion, deixarse levar pola música da noite e soltar o corpo á distorsión.

2 thoughts on “Distorsións

  1. Algunhas parecen trozos de cadros de Basquiat… todas tenhen algo de violencia… vamos paréceme a min.. he he..

    • Pois non pensara eu en Basquiat, pero si que parecen, si. Hai un cadro del que se chama Earth, que si se asemella moito. Tamén vexo violencia coma ti, violencia e tempo, ou a violencia do tempo, do tempo das horas, dos días e dos anos e do tempo do sol, da choiva e das xeadas 😉

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s