Ás veces hai que lle dar a volta ás cousas para velas tal como son. Darlle a volta aos vimbios para ver os raios do sol.
The Beatles, I’ll follow the sun.
Ás veces hai que lle dar a volta ás cousas para velas tal como son. Darlle a volta aos vimbios para ver os raios do sol.
The Beatles, I’ll follow the sun.
Raios de sol vexetal, de sol de ata-las latas, sobre un azul heráldico, que diría o outro. Obrigado por tanta fermosura!
Atar as latas…
Trougo as cepas por encarga dun de Isorna moi amigo de Unamuno, Gallástegui Unamuno, o da Misión Biolóxica de Gandarón, en Pontevedra. É loureiro, é albariño, polo sur. Polo norte e polo leste caíño e espadeiro. Iso si, catalán, que logo entupe, na lata abovedada, engado da casa e perpendicular a ela na sección áurea. Nesa parte dianteira da horta de Roiz, a que dá á estrada, á Cancela da Maceira, onde tamén ten cortes e garaxe, hai varias castes de maceiras -herdo toponímico-, de pavieiras, de fatoeiros, repinaldos, enxertos en estripo de ambruíños… e medra dereita unha nogueira das boas á beira do camiño.
Anaco collido da gloriosa Pensa Nao.
E para ver o traballo destes últimos tempos de poda e ata das viñas, das latas, un clásico para min: Pedro e a viña, un fermoso vídeo de Falabarato.