A muller das sombras

Este domingo souben da muller das sombras. A Lourdes Castro foi a grande descuberta na Fundação Serralves, museo da arte contemporánea que hai xa ben anos que quería coñecer.
Muller de sorriso nos ollos que andaba á procura dalgo ou dalguén polas salas do Serralves, amable e lixeira, mentres os demais mirabamos a través das súas obras, a coñeciamos sen coñecela. As súas obras. A sombra da mãe, intensa e delicada, está e non está. Son así as nais, ou así quero supoñelo.

A sombra das prantas, o Grande herbário de sombras, cohorte que acompaña a luz:

Oxalis, traquélia, aroma, ensaião, alecrim, silvado, mangueiro, salsa, begónia, chagas, orquídeas, misérias, papoila de California, sardinheira, boninas, pimpinela, aroma da rocha, zínia, canfoeira, plumaira, floricos, tomateiro, trevo, malva, allamanda, hibiscus, maravilhas, lagestrímia, geránio, plátano, bouganvillea, jasmin da serra, volubilis, malva da rocha, batata doce, orquídeas, rainha da noite, macela, strelitzia, agapanthus, horténsias, canna índica, despedida de verão, echium, gramíneas, esparto, datura, fuchsia, solanum nigrum, briza, perpétuas, tabaibeira, avencas, louva-a-Deus, relva, uveira, oleandro, fetos, cabrinhas, aparinha, hortelã de leite, palmeira, buxo, lúcia-lima, flores de papel, antúrio de correr, ágave, cavalinha, maravilha, sempre-noiva, malva, alface, pitanga, goivos da rocha, lírio, philodendron, rosas, hibiscus schizopetalus, bananeira, inhame, funcho, vinha.

O compañeiro da Lourdes é o Manuel Zimbro. E o Manuel é palabras en pedra e sementes voadoras. A súa História secreta da aviação é a claridade de como o mellor desing é o deseño da natureza.

Coa música da sombra penso na música do vento… E esa música non cha teño que poñer eu, tela ti na túa memoria.

One thought on “A muller das sombras

  1. Ás sombras dámoslles forma cando as ollamos.

    Que interesante a obra desta muller, no na coñecía…
    teremos que achegarnos á Serralves

    Obrigado por este achado, menina de olhar curioso…

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s