Tempo de poda e horta

Chegou a primavera, os días fanse grandes e a terra pide traballo. Dá gusto comezar a andar por fóra e ver como espertan as cousas ao arredor. Dá preguiza ir ao traballo do día a día porque ben quixera unha quedar na casa, coller a tixeira, o sacho, a pa… transplantar, poñer cousas novas, cortar ramallas e prepararse para un novo tempo que traia gozosas flores e gozosos froitos.

Nos primeiros días dese agromar fun ata Marcelle. Andábase ben ao soliño, meu irmau e máis o Emeterio estaban en tratos coa motoserra e os demais levitamos un pouco. Recollín algunhas fotos, obxectos adormecidos que espertan á luz.

Dos sons da natureza é o canto do cuco o que soe marcar o comezo da primavera. Inda así, quen para min marca este comezo é o sapiño parteiro, bichiño que anda polo noso de prado de noite co seu asubío tan característico. Podes escoitalo aquí. Quen diría que este cantar é dun sapo, non?

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s