14 de abril. Hai hoxe un ano que falei aquí da miña “paixón floral”. Gústanme moito as flores e procuro rodearme delas, e ás veces teño a sorte de que alguén as achegue a min. Quero despedir o día cun delicioso agasallo nas miñas mans: floriñas amarelas ao carón do mar.
Saúde, amor e República!
Tribalistas, Velha infância.
Agardo que vos gusten as miñas últimas achegas musicais. Levo dous meses indo a aulas de portugués, así que o Joseph, o meu profesor, é unha nova referencia para escoitar cancións que non coñecía e tamén fai que eu recupere algunhas que xa ficaban en min mais que tiña un pouco escondidiñas. A voltas co portugués ando, así que me animei a participar no blogue do departamento de Portugués da EOI de Lugo. Se queres podes ler a miña primeira colaboración aquí.
nova coincidéncia
http://untalmarra.wordpress.com/2010/04/14/fotos_279-republica/
saude e república!
Boa cousa que coincidamos na República. Que agrome!
Sigo pensando o mesmiño ca hai un ano: Que viva a República e longa vida para a miña Ghalpon!
Iso si, boto de menos terte máis preto, quixera terte tan pretiño coma esas flores miudiñas acariñando a túa man. Todo un agasallo para os que te seguimos.
Bicos florais!
Chegar ao traballo e atopar a túa cara fermosa, a túa voz doce e os teus oídos sempre dispostos a escoitarme. Iso perdín, pero manteño a amiga, sempre. Bicos, miña Lorena.