Ouros

Un, dous, tres, catro, cinco, seis, sete… sota, cabalo, rei!

Chinchón, escoba, birisca… os xogos de cartas da miña infancia, con meu avó Ricardo, e co meu avó “adoptivo” Arturo, e coa Pepa, no mesado de mármore branco da cociña de Roás, da mesa de formica da cociña do piso de Lugo… Lixeireza para contar, cartas que collen gusto das mans. O cú cagado, o setebelo… cartas bonitas.

Nesta nova primavera os mexacáns, os dentes de león se queres un nome menos escatolóxico ;-), as leitughas que apañaba nos camiños miña avoa Rosa para os coellos, o Taraxacum officinale como acabaría sentenciando meu irmán, en fin, estas floriñas marelas espállanse polos prados e como soles ou moedas recordáronme o pau de ouros, así que me puxen a buscar as cartas entre a herba, e de momento atopei estas tres (ou catro).

Estes días tamén atopei unha nova referencia musical, a voz gloriosa de Melody Gardot. Déixovos aquí a súa If the stars were mine, con imaxes de películas clásicas. Se as estrelas fosen miñas, daríachas todas a ti… Bo comezo para unha canción, non? Para gozar.

2 thoughts on “Ouros

  1. Nestes primeiros días de primavera e despois dunhas boas chuvias, bendita auga, esperta a vida no campo, que non estaba morta senón durmida e este ano esperta con moita forza, as flores comen o campo e peléxanse por saír na foto e… por xogar á baralla, sorte tiveron de atopar unha boa xogadora, a ver si barallando, barallando atopas algún “perretxiko”, que tamén están desexando xogar e saír na foto.

    • Si que temos que botar máis partidas, si, seguro que topamos moitos xogadores e xogadoras neste espertar. Ummmm… os perretxikos… atopareinos? Xa vos contarei…

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s