Estes días hai un ir e vir especial polo río Rato. Ducias de urbanitas teñen un pequeno horto que lles cede a Deputación. Alí andan sachando, botando, poñendo, quitando herbas coa ilusión posta nos froitos que virán. Entre tanto traballador sempre hai quen observa, quen na pausa do paseo atopa o seu gozo na observación do traballo dos outros.
esa era la vista que yo tenía desde mi apartamentito de soltera…, cuántos paseos por esos caminos, ..y el caballo de los gitanos allí paciendo toa la tarde. ..Cuántos recuerdos de aquel año largo!
…Hortiña de bicos pra ti.
Ese paseo é unha fermosura e a idea das hortas é magnífica.
Vexo que a ti tamén che gusta que retrataches o obradoiro de cestería.
Pois si, Paideleo, gústame moito, tanto que ás veces dou un rodeo co coche para ir por alí e ver como van as cousas… Estes días están espertando con forza os vimbios, así que pararei para facer unhas fotos e ensinárvolos. E o das hortas é unha auténtica delicia 😉