Lingua pra chamar a Terra. Lingua pra vivir, como viven nela os meus alumnos de 3º da ESO de Vilalba, que falan e din, xogando co alfabeto:
Amizade, bondade, caridade, chourizón, demo, esperanza, felicidade, gaivota, horta, imposível, larpeirada, lle, monicreque, nadar, ñu, osíxeno, paiaso, querer, rodaballo, satisfacción, torrada, utensilio, valorar, xornal, zapateiro.
Abadín, Belesar, Carballido, Chantada, Distriz, Empalme, Fontefría, Goiriz, As Hedradas, Insua, Lourenzá, SantaLLa, Mourence, Nete, CastiÑeira, Oleiros, Penarredonda, Quintá, Roupar, San Simón, Tardade, A Uceira, Vilapedre, Xoberte, BoiZán.
Falaremos hoxe en Compostela, máis un 17 de maio. En Compostela estarán tódalas palabras e toda a terra. Abadín, Belesar, Castromao, Chorexe, Doniños, Espasande, Furís, Gontán, Hermunde, Irixo, Ludrio, Mazaricos, Neda, Orbazai, Portomouro, Quetesende, Romeán, Siador, Trasancos, Urdilde, Vilalle, Xubia, Zobra.
Amar, beber, camiñar, chorar, desexar, engadir, forxar, gozar, herdar, investir, ler, mocear, navegar, acariÑar, ordenar, parir, queimar, rebulir, suspirar, traspadear, ulir, visitar, xantar, zarpar. Cantas e cantas cousas por FACER.
…………………………É xa hora de que señas toda patria dos teus …………………………dos que gardaron a fala en que máis se dixo adeus …………………………e señas dona de ti e señora de falar …………………………señora de decidir e dona de se negar.
Uxío Novoneyra, 1970.