Onde foron cucos

xa

non

están

os cucos

agora son floriñas malvas as que habitan os prados verdes de auga chaira

Novenario das cousas que foron, novenario das cousas que han ser.

Estes últimos tempos fixen moitas fotos, e deixei de facer moitas outras. Das que non fixen falarei outro día, de entre as feitas hoxe publico estas, antes de que esmorezan no ordenador e perdan sentido, cando menos o sentido que eu lles vexo.

Hoxe quero sumerxirme nunha das miñas películas preferidas, cunha banda sonora das que sempre me acompañan. Desexando amar, de Wong Kar-wai, co Yumeji’s theme, composto por Shigeru Umebayashi. Déixoche aquí o tema cunha selección de imaxes fotográficas da película, e se non che importa ver varias secuencias completas, aquí tes o tema en varios momentos do filme.

5 thoughts on “Onde foron cucos

    • Marra, quedo unha vez máis agradecida, que boa lección de naturalista! Estas floriñas gústanme moito desde pequena, facía ramiños delas por Roás, pero nunca lles coñecín nome. Agora teño unha dúbida: agrón de prado é o nome na nosa lingua, pero case me gusta máis pasar por galego o que en castelán ten moi afastado sentido, e chamarlle berros de prado, pois inda hai ben pracer en botar berros polos prados, ou aturuxos, non? 😉 Entre prosa e prosa, moitas grazas pola túa poesía.

  1. Para enriquecer un pouco máis o post, dicir que ademais de preciosas, estas flores son comestibles, ao igual que follas e brotes, aínda que de sabor máis ben amargo. Pódense comer en ensaladas, pois ademais conteñen vitamina C. De todos os xeitos hai que desaconsellar o seu consumo se non se coñece perfectamnete, para evitar posibles confusións.

    Como medicina ten ademais propiedades antiescorbúticas, antiespasmódicas e serve para tratar as indixestións. (supoño que por eso a eiruga da bolboreta non morre empachada dela)

    • José, dígoche que menos mal que xa case non quedan desas flores porque a min case me parece irresistible a idea de comer unha ensaladiña adubiada con tanta fermosura. Haberá que se privar por precaución, que senón…

  2. Que interesantes comentarios (coma tenriño o post -eu mesma estiven facendo fotos delas nun prado á beira do río Mero haberá un mes-)
    Comela non me tenta nada, pero moito me gustou porlle nome, e coñecer o detalle da bolboreta!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s