Pracer
pendurado
que
………………………………………….colga
………………………………………..aromas
………………………………………..e cores
Agardando pola segunda floración, máis modesta entre as follas, traio esta apoteose de cor da glicinia da nosa aira.
Seguindo con Desexando amar, imos ao tema final, Angkor Wat, de Michael Galasso. Por certo, Angkor Wat é o impresionante templo de Cambodia que visita o protagonista ao final da película.
agora non fun ó enlace. detéñome únicamente nesas glicinias, que son unhas das miñas flores favoritas, polo seu perfume, pola súa cor, por abrazarse a todo canto topa. Os valados, as paredes, as casas que que se visten coas glicinias ¿non teñen un aire romántico, soñador, case atemporal? a min sempre me fan pensar noutros que foron antes ca min.
A min parécenme flores gloriosas, e son a porta da primavera que se abre. Se cadra ese pensar nos outros que foron antes ten que ver coa cor máis común da glicinia, as cores do alivio que vén despois do loito…
pois máis ca no loito, ese levarme ós outros que foron antes ca min tén que ver máis coas casas antiguas…
un detalle falar destes pequenos comentarios que che deixei!
Non é un detalle, é unha alegría poder falar contigo das cousas que poño no blog. Sempre me alegra que a alguén lle interese o que digo ou retrato e se anime a escribir o que pensa.
Pingback: horizontes « estasme falando a min?