Piquenique de xardín

Adoro comer de piquenique nun recanto dun xardín. Daquela estaba a magnolia stellata en flor, e o cestiño tiña queixo de culler, pan de centeo e olivas. Piquenique portugués en terra portuguesa, os xardíns da Fundación Serralves en Porto.

Quizás, na voz de Nat King Cole, para Desexando amar.

4 thoughts on “Piquenique de xardín

  1. Comparto ese gusto contigo. E non fai falla que sexa dia especial, algún día á saída do traballo merco algo axeitado e vouno comer ó Parque de San Pedro con toda a Coruña detrás, a Torre de frente e o océano llanísimo diante de min… alí soa, calada, deixo esvarar a vista… (teño outros varios sitios da miña preferencia e as árbores de copas tupidas adoitan estar neles. non sempre é a vista a que disfruta, escoitar os paxaros e os insectos é relaxante, e ulir o cheiro da herba) 😉

    Esa primeira foto, co cesto debaixo do magnolio, lévame a soñar con mundos de mulleres vestidas de blanco e risas de nenos… ou tamén, se me ceibo a soñar… con bicos doces e lenes con sabor a queixo.

    • Eu tamén adoito facer iso… Non me gusta moito comer soa nun restaurante, e tampouco levo ben comer con xente coa que non teño moito trato ou coa que sei que vou ter conversas que non apetecen. Moitos piqueniques teño feito nos mediodías dos días que tiña ou teño que dar aulas pola tarde. Lembro con moito cariño aqueles do outono do 2005 en Miño, a miúdo dentro do coche mirando o mar.

  2. Por alí andei eu tamén o ano pasado. Polos fermosos xardíns da F.S. Pero eu xantei (e moi ben, por certo) no propio restaurante da fundación.
    Agora, coma sempre me pasa, volvo visitalo a través do balcón dos teus ollos e, coma sempre me pasa, digo, a mesma paisaxe tórnase diferente e variada daquela outra que vín.
    Gracias

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s