Un novenario pide luces, e tamén ten sombras. Creo que a luz que máis me gusta é a do ceo cando se pon o sol, e gaña esa cor azul inmensa que lle dá sentido a todo.
Julien et Barbara, de Georges Delerue,en 2046.
Un novenario pide luces, e tamén ten sombras. Creo que a luz que máis me gusta é a do ceo cando se pon o sol, e gaña esa cor azul inmensa que lle dá sentido a todo.
Julien et Barbara, de Georges Delerue,en 2046.
Non vin esa película; pola escena que deixas tí como enlace, e a crítica que busquei, parece unha pequena xoia para un determinado sector de público. Semella curiosa e interesante de ver, estéticamente engaioladora.
(eses ceos azul “firmamento nocturno” como lle chamo eu, ese añil case, é unha das cores que más admirada me deixa.)
Falas de novenarios, e eu non lle capto máis sentido que o de levar a cabo determinado acto durante nove dias, xeralmente relacionado con santos e devocións marianas disculpa a miña ignorancia.
Si, a película é pura estética, moi gozosa pero hai que estar no punto para vela. A min gústame máis Desexando amar, menos complexa e creo que máis fermosa. E a súa aventura co cine nos EEUU, My blueberry nights, é tamén estupenda.
A idea do novenario veume uns días despois da morte do noso amigo Toñito. Unha vez máis pasei polo tanatorio, polos velatorios, funerais e enterros que se enmarcan dentro dos rituais cristiáns nos que eu non creo. Teño pensado moitas veces no baleiro ritual que temos as persoas ateas, baleiro que algúns pretendemos encher con novas maneiras, se cadra máis íntimas, se cadra con significado só persoal. Para min o novenario son aquelas nove misas que se fan por un difunto recente. Xa teño ido a algunha (en fin, achegarme á igrexa, que dentro non me vexo para esas cousas), e desta volta ocorréuseme a idea de publicar nove post seguidos, nove días de fotos que foron o meu particular novenario.
A ver se non me esquece mirar esas películas outro día, que hoxe non teño “o ton vital axeitado” (nin tempo) 🙂 (son afecionada ó cine, pero dispérsome, son pouco constante e teño moi mala memoria)
Grazas pola explicación do novenario (dirás tí “qué curiosa”) boeeeeeno.
No que dis do ritual dos ateos, tamén eu teño pensado. Mesmo unha vez que pensei que tiña un cáncer destes de morrer de contado (xa me vía buscando alguén que me dera unha “morte asistida”) 😦 pois ata imaxinei “o funeral” que a min me gustaría,
era emotivo pero cheo de vida, (menos da morta que estaría nun cinceiro…) máis sempre penso que ata ese é un acto egoísta,
porque o que se debía facer é donar os órganos que estean ben para trasplantes, e o resto para que practiquen os estudantes.
Mais ainda lle teño que dar voltiñas… ai que ver o que pode a cultura na que medramos!!