Detrás das pompas

Hai nenos que corren detrás das pompas, e nenos que xa non corren despois das bombas. Nenos que rin, e nenos aos que hai que axudar a rir. E hai moito cabrón miserable fillo de puta que case nos fai esquecer que houbo nenos que levaban pixama de raias. Hóuboos. E quero seguir recordando que os houbo. Pero agora os que ven o muro e o arame de espiño son outros, son outros, e se cadra quen construíu o muro ou puxo o arame era parente daquel neno de pixama de raias, ou foi el mesmo. Non sirvas a quen serviu, non pidas a quen pediu. E hai que mirar e non deixar que nos tapen os ollos nin a boca nin asulaguen a nosa conciencia.

Outros falan mellor ca min, e saben dicir o que eu non sei pero quero. Neles me quero ver, con eles estou. Co noxo de vivir e co gozo de vivir. Eterna contradición.

2 thoughts on “Detrás das pompas

  1. O párrafo este:
    Pero agora os que ven o muro e o arame de espiño son outros, son outros, e se cadra quen construíu o muro ou puxo o arame era parente daquel neno de pixama de raias, ou foi el mesmo
    deume un calafrío.
    Que é verdade. (o que dis) Que podería ser real.
    Qué triste todo. E eu por riba… tampouco teño o día moi optimista.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s