Angustia

A miña angustia non fuma… A miña angustia é unha lesma que se pon no estómago e non deixa de verquer baballas noxentas que me paralizan. E cando lle dá por mancar máis sobe polas miñas costas e chega ás cervicais e espalla unha dor mesta que baixa polos brazos e manca as mans… E as mans xa non saben que tocar, nin os ollos que mirar… E pretendo premer o switch off e durmir, pero a lesma é máis hábil e coloniza os meus soños e cando esperto sei que estivo aí, asexando, ben instalada dentro de min.

Nota: Lendo a angustia de Zeltia verbaliceille nun comentario como era a miña. Apeteceume tamén publicalo aquí. Diso xurde este post, do comentario a outro post.

4 thoughts on “Angustia

  1. Esta noite tamén houbo algo que me desacougou. Ti sábelo ben, ben sabes que é ela, a min pásame o mesmo Ghalpon.

    … E non poderiamos ver de compartir bolboretas riseiras no canto de lesmas pezoñentas?

    Ai!…

  2. Todos nos parecemos moito: todos temos boca, naris, duas pernas… máis non hai ollos iguais, nin dedos, nin pés, non hai dous iguais, nin sequera os nosos; e cos sentimentos e as emocións ocorre o mesmo, todos sentimos as mesmas, máis todos cada un co seu matiz persoal.
    Pero dalgunha maneira recoñecernos nos mais, fainos irmáns, cria fios invisibles.

    Ás veces o alento das emocións abáfannos a mirada e detrás desa néboa xa non distinguimos qué son mapoulas e que é trigo; pero inesperadamente, un repentino vento da nosa vida ergue a néboa, e nitidamente distingues que que o futuro será duro, pero tamén radiante.

  3. A angustia é obstinada e testalana, de aí o seu poder. Mentres outr@s paran, dubidan, desisten, ela, teimuda, segue o seu, inexorable, mesmo ata ocupar os soños.
    Hai forma de desconectala? Seguramente, pero non sabería dicirche cal.
    Apertas.

  4. A angustia crea por veces eses fíos invisibles… Non é que ela o pretenda, pero sen querelo únenos e fainos máis fortes coa compaña. A min pasoume con vós. Apertas con esperanza

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s