O zapato

Entre tantas cousas, ás veces só vemos unha. Hai unha que por algunha razón ocupa a nosa atención, e entón faise única. E iso pasa ás veces coas cousas, mais tamén ocorre de cando en cando coas persoas.

4 thoughts on “O zapato

  1. “(…) A miña rosa, se non se fixa un nela, poderia parecer igoal ca vós. Pero ela sabe que é máis importante ca todas vós xuntas, porque a reguei eu, porque eu a metín no fanal e abrigueina do vento, e porque lle matei os vermes (salvo dous ou tres que deixei para que chegaran as bolboretas). E porque moitas veces escoitei as suas queixas e as suas louvanzas e ainda tamén o seu silencio. En fin, porque é a miña rosa.”
    (O Principiño, de Antoine de Saint-Exupéry)

  2. Íache dicir algo que. de pronto recordei que xa o escribira. Revolvín nun antiguo blog meu, e alí o estaba, non igual ca o recordaba, ¿paréceche que a visión que eu tiven é complementaria da túa?
    é aquí

  3. Tamén, ocúrreseme pensar que de ser iguais, todo carecería de sentido(e non digamos común). Unha aperte

  4. Pois si, o sen sentido da uniformidade… E o amor inmenso de crer (ou de facer?) a alguén diferente, destacable, único… Supoño que andamos pola vida subliñando cousas, escollendo, pousando miradas nunha escolla continua que por veces ata resulta dolorosa. E non digamos cando nós somos (ou non somos) escollidos…
    Marra, grazas pola cita, fermosísima. Zeltia, a túa visión si que complementa a miña, creo, polo menos eu véxome nela. Maribel-bel, benvida e moitas grazas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s